Sunday 28 de April de 2024

O Concello de Cerdido programa o próximo 6 de novembro un día de festa para todas as idades con motivo de Samaín


• Terá lugar no Pavillón polideportivo da Barqueira

• A actividade principal é o espectáculo infantil “Cantabaila”

• Celebrarase un Concurso de Cabazas para nenos e nenas de ata 12 anos

• Haberá castañas de balde para todos os asistentes

O Concello de Cerdido organiza para o vindeiro 6 de novembro un día para “pasalo de medo” por Samaín.

Celebrarase no Pavillón polideportivo municipal da Barqueira, a partir das 17 horas.
A actividade principal é o espectáculo “Cantabaila”, unha animación con base musical dirixida a todos os públicos, moi divertida e dinámica.

A continuación celebrarase o xa tradicional Concurso de Cabazas, no que poden participar nenos e nenas de ata 12 anos de idade.

Os mozos e mozas poden presentar os seus traballos desde o comezo da xornada, e coñeceranse os premiados ao remate da festa.
Ademais, haberá castañas de balde para todos os asistentes.

En declaracións do alcalde, Benigno Galego, “trátase dunha xornada para gozar en familia, con actividades para todos os públicos como o espectáculo e o Concurso de Cabazas”.

O rexedor anima “a todos e todas, veciñanza e visitantes, a achegarse ata o Pavillón da Barqueira o próximo 6 de novembro cun disfrace para pasar un día de medo”.